CRTVG

Buscar

Un camión romanés acaba atrapado por erro nunha pista da Gudiña

Publicado o 08/01/2020 13:08
Un camión romanés acaba atrapado por erro nunha pista da Gudiña

Ás 7:30 desta mañá, un camión articulado quedou atrapado en Pentes, no concello da Gudiña. O condutor chegou ata este lugar seguindo as instrucións do navegador, e nunha curva moi estreita xa non puido seguir.

A patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico de Verín tratou de axudalo indicándolle as manobras de cambio de sentido, pero foi imposible. Foi preciso requirir un guindastre de gran tonelaxe para darlle solución.

O camión, de matrícula romanesa, transportaba leite en po, 24.000 kg, e dirixíase a unha granxa próxima.