CRTVG

Buscar

Un camión formigoneira queda encaixado no viaduto da AG-59 en Teo

Publicado o 13/06/2020 15:09

Levou un bo susto o condutor deste camión formigoneira. Perdeu o control do vehículo e quedou encaixado entre os dous treitos do viaduto da AG-59 que está situado no concello de Teo, preto da saída dos Verxeles.

O camión estaba en perigo e, para evitar calquera movemento, o tráfico na autovía que une Santiago e A Estrada estivo cortado boa parte da mañá. Ao lugar desprazouse un guindastre especial, que foi o que conseguiu sacar a formigoneira dese lugar e restablecer a normalidade na vía.


 

Noticias web

13/06/2020