CRTVG

Buscar

Un camión cheo de cervexas envorca na A-55 e colapsa un dos accesos de Vigo

Publicado o 09/12/2019 12:42

O accidente dun camión que transportaba cervexas na autovía A-55 está causando importantes retencións neste acceso á cidade de Vigo.

As ringleiras son quilométricas e chegan mesmo ata o enlace da autovía das Rías Baixas. O accidente ocorreu sobre as once da mañá na autovía Vigo-Tui no termo municipal de Mos.