Un bar de Vigo acredita que a clientela non ve a televisión e gáñalle a batalla á SGAE
No bar que rexenta en Canido todos felicitan a María del Carmen. Acaba de gañarlle unha batalla xudicial a un xigante como é a Sociedade Xeral de Autores e Editores, a SGAE, que lle reclamaba unha cantidade de diñeiro que ela considerou abusiva pola tenza dun televisor no interior do local.
E nesta realidade baseouse a defensa de María del Carmen, conseguindo acreditar ante o xuíz que a súa clientela emprega a terraza do local e nin tan sequera sabe onde está o televisor. Un aparato que, segundo a sentenza xudicial, se considera neste establecemento de uso privativo do persoal.
A propietaria deste bar de Canido está moi satisfeita coa sentenza e anima os que estean nunha situacion similar a non calar ante o que considera un abuso.
Esta é unha sentenza case sen precedentes, que para María del Carmen supón a fin dunha loita en defensa dos seus dereitos que sabía sería difícil gañar.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí