CRTVG

Buscar

Un bar da Mariña levará 711 clientes ao Caribe se lle toca o Gordo

Publicado o 18/12/2019 12:28
Un bar da Mariña levará 711 clientes ao Caribe se lle toca o Gordo

Se este domingo o Gordo toca no 30681, o bar O Pulgas gastarao en agasallar os seus clientes cunha viaxe de dez días ao Caribe con todo incluído.

Trátase dun bar de San Cibrao, no concello de Cervo. Compraron catro décimos do 30681: dous para o establecemento e os outros dous para obsequiar os clientes. 

O bar está a repartir un boleto por persoa entre os seus clientes para que poidan optar a esa viaxe. Só hai que identificarse e solicitalo, e automaticamente danlles un boleto en caso de que aínda queden.

No bar xa fixeron os seus cálculos: o primeiro premio é de 400.000 euros por décimo, pero descontando os impostos queda en 324.000. Deste xeito, no caso de que tocase o número do bar, O Pulgas disporía de 648.000 euros cos que podería pagar un total de 911 euros por cada viaxe e estadía. E iso dá para 711 persoas. Agora só falta que toque o Gordo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí