CRTVG

Buscar

Un artesán de Monterroso opta ao premio nacional do sector

Publicado o 02/11/2020 20:17

Volveu hai tres anos á casa familiar da aldea de Leborei, en Monterroso, e alí puxo en marcha un obradoiro de artesanía en coiro que este ano lle levou a estar entre o tres finalistas dos premios nacionais do sector. Todo un recoñecemento, di, a unhas liñas de traballo que misturan tradición e deseños innovadores.

Facelo desde unha aldea de tres veciños non é un obstáculo para chegar moi lonxe, a través das feiras e o comercio on line grazas a uns produtos artesanais cada vez máis valorados dentro e fora das nosas fronteiras.

Ademais de Santiago Besteiro, tamén compite polo premio nacional a artesá de Allariz Inés Rodríguez.

 

Noticias web

02/11/2020