CRTVG

Buscar

20.000 fogares de Vigo e Redondela quedan sen luz por mor dun apagamento

Publicado o 09/04/2019 20:03

20.000 fogares quedaron sen luz hoxe en gran parte de Vigo por unha avaria nunha estación eléctrica. O apagamento, que nalgúns barrios durou case dúas horas, complicou moito a xornada de millleiros de vigueses.

Cruzar a rúa, traballar ou cociñar foi hoxe misión imposible en parte de Vigo este mediodía. 20.000 fogares e negocios quedaron sen luz pouco antes da unha da tarde por un apagamento que afectou as zonas de Chapela, Teis, Lavadores, García Barbón, Urzaiz, a zona do Porto e a estación de Guixar.

A orixe do apagamento foi unha avaría na subestación troncal de Teis. Os operarios traballaron arreo e, finalmente, a subministración quedou totalmente restablecida ás tres menos cuarto da tarde.

 

Noticias web

09/04/2019