CRTVG

Buscar

Un ancián morre esmagado polo ascensor en Arganda de Rey

Publicado o 07/01/2020 13:13

O Xulgado de Instrución número 6 de Arganda del Rey iniciou unha investigación para determinar as causas que provocaron a morte dun home de 82 anos. O ancián morreu esmagado polo ascensor instalado na súa vivenda de Perales de Tajuña, na comunidade de Madrid. 

Foron os propios familiares os que descubriron ao home atrapado e chamaron ao 112. Ata vivenda desprazáronse efectivos da Garda Civil, de Emerxencias e dos Bombeiros, que viron que a vítima estaba atrapada debaixo do ascensor da casa, de dúas plantas. Os médicos procederon a confirmar e declarar a morte do ancián no mesmo lugar dos feitos. Ao seu xuízo, debía de levar xa un tempo falecido.

O Summa só puido confirmar o falecemento e non manipularon o corpo porque, a Garda Civil, unha vez que se confirmou que a persoa estaba falecida esperaron a orde xudicial para o levantamento do cadáver. Os bombeiros recuperaron o cadáver.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020