CRTVG

Buscar

Un adolescente estadounidense, indemnizado polos medios de comunicación tras denunialos por difamación

Publicado o 28/07/2020 16:55

De imaxe do racismo en América a multimillonario. Se lembran, falamos do caso do adolescente protagonista deste vídeo en que aparentemente se burlaba dun nativo americano, no marco dunha marcha provida en Washington.

Fíxose viral, foi moi criticado, e acabou por demandar por difamación os medios de comunicación que se fixeron eco da historia.

O caso é que outras imaxes demostran que a súa actitude foi malinterpretada, así que xa chegou a acordo coa CNN, e agora pacta co Washington Post. Pedía 250 millóns de dólares.

Noticias web

28/07/2020