CRTVG

Buscar

Un accidente en cadea contra o guindastre provoca tres feridos hospitalizados

Publicado o 22/02/2020 14:45

O peor chegou só unhas horas despois. Cando un guindastre especial intentaba retirar o camión accidentado, dous coches que circulaban por esta autoestrada bateron contra este guindastre. Os coches circulaban polo carril esquerdo, pese á sinalización circunstancial. Bateu contra uns conos e despois alcanzou outro coche que circulaba correctamente polo carril dereito.

O vehículo acabou impactando contra as patas de estabilización do guindastre que traballaba na retirada do camión. Tres persoas, unha parella e a súa filla, resultaron feridas graves e foron trasladas o ao hospital. Mesmo tivo que ser mobilizado un helicoptero para trasladar a un dos feridos. Este segundo accidente provocou retencións importantes: o tráfico da autoestrada tivo que ser desviado por outras vías.
 

Noticias web

22/02/2020