Os técnicos cren que a epidemia está controlada en España
Cinco semanas de estrito confinamento conseguiron controlar a epidemia, pero non hai que baixar a garda. É posible, din, que en tres semanas poidamos recuperar algo a liberdade de movemento pero ata que iso chegue, saír facer deporte non é unha opción.
Fernando Simón di que é difícil conseguir que a xente saia soa, e xuntarse con outros será perigoso.
O obxectivo é reducir riscos, así que durante as próximas semanas tampouco se contempla suavizar o confinamento dos maiores, pola súa propia protección, nin permitir os velorios, pola protección de todos.
"Por experiencia propia en España, pola experiencia doutros paises e por outras epidemias que temos pasado, sabemos que os velorios son actos dun alto grao de trasmisión", asegura o director do Centro de Coordinación de Emerxencias sanitarias.
Fernando Simón aclarou que hai menos risco no caso da saída dos nenos. Di que xa están na casa cos pais, que son os que van sair con eles. Pero si saen e se xuntan con todos os veciños entón, asegura, "teremos un problema".