CRTVG

Buscar

Uber estrea en Madrid o servizo de alugueiro de patinetes eléctricos

Publicado o 09/04/2019 22:33

A empresa Uber estreou hoxe en Madrid o seu primeiro servizo de alugueiro de patinetes eléctricos. Deste xeito, Madrid convértese na primiera cidade europea que conta con este novo servizo que ofrece a plataforma americana. En total son 566 patinetas eléctricos distribuídos entre os distritos da cidade.

Pódense alugar a través da aplicación de Uber, que nos indicará onde está o máis próximo. Custan 1 euro inicial máis 12 céntimos por minuto de uso.

Os de Uber son os primieros patinetes de alugueiro que funcionan en Madrid pero haberá máis. O mes pasado o Concello outorgou licenzas para 8.600 destes vehículos que xestionarán 18 empresas.

Noticias web

09/04/2019