CRTVG

Buscar

Turquía entrega a España posibles restos das vítimas do accidente do Yak-42

Publicado o 20/12/2019 20:52
Turquía entrega a España posibles restos das vítimas do accidente do Yak-42

Turquía entrega a España posibles restos das vítimas do accidente do Yakolev 42, que foron atopados 16 anos despois do sinistro. Recibiunos a ministra de Defensa en funcións. Agora as probas de ADN determinarán se pertencen ás vitimas. O Yak-42 estrelouse en 2003. Faleceron os 62 militares que viaxaban nel e tamén a tripulación. A do Yakolev foi a maior traxedia aérea do Exército español en tempo de paz. Sete anos despois do accidente, tres mandos militares foron condenados por falsear a identificación das vítimas.


 

Noticias web

20/12/2019