CRTVG

Buscar

Trump vencella o accidente do avión ucraíno cun mísil iraniano

Publicado o 09/01/2020 20:52
Trump vencella o accidente do avión ucraíno cun mísil iraniano

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, afirmou hoxe que o accidente do avión ucraíno en Teherán puido deberse a un erro na traxectoria dun mísil lanzado por Irán Trump dixo que non cre que o accidente, en que morreron 176 persoas, se debera a un fallo mecánico. Tamén nalgún medio de comunicación estadounidense un alto cargo do Pentágono apunta que o avión foi alcanzado pola defensa antiaérea iraniana. Porén, a investigación dos expertos sinala que o accidente se debeu ao incendio dun dos motores do avión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020