CRTVG

Buscar

Trump pide a retirada do libro de John Bolton e alega que revela información clasificada

Publicado o 18/06/2020 08:48

A Administración Trump interpuxo unha orde de emerxencia que busca que a xustiza bloquee a publicación do libro do exasesor de seguridade nacional John Bolton alegando que revela información clasificada.
Segundo os extractos do libro publicados pola prensa, Bolton presenta a Trump como un narcisista que se deixa influenciar polo presidente turco e que ignora conceptos básicos de política exterior, como que Finlandia non é parte de Rusia.
O exasesor revela que o presidente pediu axuda ao líder chinés Xi Jinping para gañar as eleccións e confirma que ligou explicitamente a axuda militar a Ucraína á apertura de investigacións sobre os seus rivais políticos.

Noticias web

18/06/2020