CRTVG

Buscar

Trump mete a Cuba na listaxe de países que non cooperan contra o terrorismo

Publicado o 13/05/2020 18:46
Trump mete a Cuba na listaxe de países que non cooperan contra o terrorismo

O Departamento de Estado estadounidense incluíu este mércores a Cuba na súa lista de países que "non cooperan completamente" cos esforzos antiterroristas dos EUA, unha medida que prohibe a venda de armas a esa nación e que tamén se aplica a Venezuela, Irán, Corea do Norte e Siria. Esta é a primeira vez que Cuba aparece nesa listaxe desde 2015, cando o Goberno do entón presidente estadounidense Barack Obama retirou a illa da súa lista de estados patrocinadores do terrorismo no contexto do proceso de desxeo bilateral.

O Goberno de Cuba rexeitou a inclusión do país este mércores na lista de non cooperadores cos esforzos antiterroristas e asegurou ser "vítima" do terrorismo "organizado, financiado e executado" por Washington. 

Noticias web

13/05/2020