CRTVG

Buscar

Trump ataca o "extremismo" demócrata no seu primeiro mitin en meses pola covid-19

Publicado o 21/06/2020 10:21

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, retomou a campaña electoral cun mitin no que cargou contra o "extremismo radical" dos demócratas e admitiu que ordenara reducir os tests da enfermidade para que houbese menos casos.

O mandatario congregou miles de simpatizantes que non gardaron a distancia social aconsellada durante a pandemia, en Tusla, unha das chamadas capitais mundiais do petróleo, que se viu fortemente impactada pola caída dos prezos do cru. Trump descualificou o seu rival nas presidenciais de novembro, o candidato Joe Biden, e responsabilizou a China de non controlar a expansión do virus.
 

Noticias web

21/06/2020