CRTVG

Buscar

Trump anuncia que o seu Goberno está moi preto de aprobar unha vacina

Publicado o 12/08/2020 22:56

Donald Trump anuncia que o seu Goberno está moi cerca de aprobar unha vacina para a covid-19. 

Faino unhas horas despois de que Rusia confirmase que rexistrara a primeira vacina para o coronavirus, á que lle chamou Sputnik V. Sen citar o logro do Kremlin, Trump prometeu que no momento en que a súa estea aprobada xa estarán dispoñibles 100 millóns de dosis para vacinar os estadounidenses.

As autoridades sanitarias internacionais piden prudencia e que a carreira pola vacina non se converta nunha nova guerra fría entre Rusia e os Estados Unidos.

 

Noticias web

12/08/2020