CRTVG

Buscar

Trump anuncia o envío de 1.500 militares a Oriente Medio pola tensión con Irán

Publicado o 24/05/2019 19:21
Trump anuncia o envío de 1.500 militares a Oriente Medio pola tensión con Irán

O presidente dos EUA, Donald Trump, anunciou hoxe que decidiu enviar 1.500 militares a Oriente Medio como medida "de protección" para as forzas estadounidenses despregadas na rexión, debido á crecente tensión con Irán. "Imos enviar un número de tropas relativamente pequeno" a Oriente Medio, dixo Trump aos xornalistas antes de tomar un helicóptero para partir rumbo a Xapón. 

Noticias web

24/05/2019