CRTVG

Buscar

Trump ameaza con deixar de financiar a OMS tras sumar case 2.000 mortos en 24 horas

Publicado o 08/04/2020 08:56


Estados Unidos achegouse onte por primeira vez á cifra de 2.000 mortos en 24 horas. O número total de falecidos ascende a preto de 12900. Na súa ultima conferencia de prensa, Donald Trump acusou a OMS de errar nas súas previsións sobre a pandemia, a apesar de que a cualificou como emerxencia de saude publica un mes e medio antes ca os EUA. Trump tamén amezou con retirar o financemento que achega Estados Unidos.

En Nova York, principal foco da pandemia no pais, 731 persoas faleceron este martes por causa do coronavirus, a cifra máis alta desde que comezou a crise. O numero total de falecidos supera os 5.400. O dato positivo é que por terceiro día consecutivo baixa considerablemente o ritmo de novas hospitalizacións e os ingresos nas UCI.

Trump anunciou que lle vai pedir ao a Congreso a ampliación do programa de cheques con 250 mil millons adicionais para axudar os pequenos negocios afectados pola crise do coronavirus.

Noticias web

08/04/2020