CRTVG

Buscar

Triunfo do Burela en Peñíscola para seguir crendo na permanencia

Publicado o 22/02/2020 09:32
Triunfo do Burela en Peñíscola para seguir crendo na permanencia

O Pescados Rubén Burela acadou un triunfo determinante para as súas opcións de permanencia na pista de Peñíscola (2-4) co que rompe unha serie negativa de derrotas e volve a crer nas súas posibilidades. O partido tivo moitas alternativas, cun primeiro tempo de moito acerto goleador e unha segunda parte na que os da Mariña fixeron un gran exercicio defensivo. Con este triunfo o Burela sitúase con 13 puntos cando quedan nove xornadas para o final da Liga Nacional de Fútbol Sala. 

Goles: 0-1 Alex Diz 3' 0-2 Pixote 6' 1-2 Paniagua 9' 2-2 Xavi Cols 18' 2-3 Eto'o 19' 2-4 Joselito 39'

Noticias web

22/02/2020

Máis sobre Burela