CRTVG

Buscar

Triunfo do Barcelona nun partido para a historia do Cisne (27-43)

Publicado o 31/10/2020 18:29

O Barcelona xogou na pista do Cisne por primeira vez na historia en partido de Liga Asobal. Unha data que quedará para a lembranza do club pontevedrés. O de menos case era o resultado, posto que chegaba a Pontevedra un equipo que apenas perdeu puntos nun partido de liga nos últimos cinco anos.

Ao final gañou o Barça por 27-43. O Cisne tivo un inicio de partido brillante no que chegou a ir por diante con catro goles de vantaxe (9-5).

Noticias web

31/10/2020