CRTVG

Buscar

Triunfo de prestixio dun Deportivo Abanca imparable

Publicado o 29/09/2019 20:31

Superou o Athlétic en Lezama (0-2)

Lezama tamén sucumbiu ao equipo de moda do fútbol feminino. O Deportivo Abanca fíxose cunha vitoria de prestixio diante do Athletic. Aos 43 minutos marcaba María Méndez, ao recoller o rexeitamento despois dun saque de esquina. Gol importante, psicolóxico, que deu paso a un segundo tempo de alternativas. O Deportivo golpeou definitivamente cun bo tanto da súa goleadora Gaby.

Son xa 10 puntos de 12 posibles. As galegas chegan á parada ligueira cun ritmo que só iguala o Barcelona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2019