CRTVG

Buscar

Triunfo de prestixio do Obradoiro diante de Valencia (86-83)

Publicado o 26/01/2020 23:35

O Obradoiro logrou a oitava vitoria da temporada e mantén tres con respecto o descenso diante dun rival de Euroliga como é o Valencia Básket (86-83). O equipo de Moncho Fernández comezou do mellor xeito o partido, con tres triplas consecutivas que lle permitiron acadar unha vantaxe no primeiro cuarto (21-15). A diferenza chegou a ser de 10 (30-20), pero reaccionaron os valencianos cun parcial de 2-13 para remoontar o encontro. A igualdade foi máxima no descanso con dous puntos de vantaxe para o Obra (44-42). 

No terceiro cuarto volveu a funcionar o lanzamento exterior local pero Labeyrie e Dubljevic facían estragos na pintura. Valencia colleitou unha máxima vantaxe de 7 puntos coincidindo co final do terceiro cuarto (61-68). Todo mudou no último período. Apareceu Czerapowicz cunha tripla (68-70) e outro tiro exterior de De Zeew (75-75) fixo ruxir o Sar. Nos últimos minutos funcionou o encerado de Moncho para castigar a Valencia e levar un triunfo importantísimo.

Obradoiro: 86 (21+23+17+25) Kravia 14, Magee 8, De Zeew 10, Czerapowicz 15, Pozas 8, Brodziansky 13, Navarro 2, Daum 16, Vasileiadis

Valencia: 83 (15+27+26+15) Colom 4, Ndour 6, Labeyrie 13, Vives 11, Doornekamp, Marinkovic 3, Abalde, Van Rossom 7, Motum 7, Dubljevic 12, San Emeterio 20

Noticias web

26/01/2020