CRTVG

Buscar

A policía atribúelle os roubos en bares de Lugo a un home con amplo historial delituoso

Publicado o 12/03/2020 12:48

En Lugo, a Policía Nacional descubriu quen é o autor dos roubos en dous establecementos hosteleiros da cidade realizados hai un mes. Trátase dun home de 35 anos cunha longa lista de antecedentes que xa fora detido por outros delitos días despois destes roubos.

Segundo a policía, trátase dunha persoa de extrema perigosidade que permanece en prisión tras realizar varios asaltos a punta de navalla. Nestes dous últimos roubos que se lle atribúen subtraeu mil euros na cafetería do parque de Rosalía e outros 800 nun local do centro histórico.

Noticias web

12/03/2020