CRTVG

Buscar

Tres variedades de viño descoñecidas poderían producir viños galegos de calidade

Publicado o 19/02/2020 20:23

Din que "un día sen viño é coma un día sen sol". O de hoxe non puido estar máis solleiro, día perfecto para, tal vez, escribir o futuro dun novo viño. Os investigadores do CSIC acaban de poñer á disposición da adega Mar de Frades tres variedades brancas únicas no mundo e descoñecidas no sector.

Interesantes e confían que moi capaces de producir viños de calidade. E por iso están no Val do Salnés, na adega que hoxe acolle, sementa e coidará estas variedaes centenarias e recollidas no país

Non hai mellor brinde que a aposta polo futuro e por unha nova variedade galega que nace nos nosos solos, que medrará en viñedos do país e que, como moitos dos nosos caldos, poida que un día se beba en todo o mundo.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020