CRTVG

Buscar

Galicia suma tres semanas sen falecidos por causa do coronavirus

Publicado o 02/07/2020 08:24

• Neste período non se produciron ingresos nas unidades de coidados intensivos

Galicia leva tres semanas sen mortos e sen ingresos nas unidades de coidados intensivos. O último falecido pola COVID-19 que tivemos que lamentar na nosa comunidade era un home de 83 anos que morreu o dez de xuño no hospital universitario de Vigo, o CHUVI. Ese mesmo día recibiu a alta a última persoa que estaba na UCI co coronavirus.

En Galicia, é a área sanitaria de Vigo a que concentra o maior número de casos, pero neste momento a preocupación das autoridades está no brote da Mariña.

 

Noticias web

02/07/2020