CRTVG

Buscar

Tres persoas feridas nunha colisión entre un autobús e un coche na Coruña

Publicado o 24/08/2020 13:47
Tres persoas feridas nunha colisión entre un autobús e un coche na Coruña

Tres persoas quedaron feridas este luns tras unha colisión entre un autobús urbano e un turismo na Coruña, segundo informou o 112 Galicia.

O accidente tivo lugar na praza de Catro Camiños, arredor das 10:30 horas, momento en que os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaron ao servizo de Emerxencias.

Os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local, aos bombeiros da Coruña e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

As tres persoas feridas, indica a mesma fonte, tiveron que ser trasladadas a un centro médico.