CRTVG

Buscar

Tres persoas mortas e catro feridas no incendio dun edificio en Barcelona

Publicado o 14/08/2020 09:33
Tres persoas mortas e catro feridas no incendio dun edificio en Barcelona

Tres persoas mortas e catro feridas nun incendio que se iniciou contra as as seis da mañá nos baixos dun edificio do barrio da Barceloneta, en Barcelona.

Os Mossos están a investigar as causas da morte dos tres homes. Dez dotacións de bombeiros de Barcelona están a traballar na extinción do incendio.