CRTVG

Buscar

Tres novos masacres en poucas horas con 17 mortos conmocionan Colombia

Publicado o 22/08/2020 20:25

Nas últimas 24 horas rexistráronse tres masacres en tres departamentos de Colombia: Arauca, Nariño e Cauca, que deixan polo menos dezasete mortos. No lugar de El Caracol, en Arauca, na fronteira con Venezuela, os militares encontraron cinco corpos. Ao lado apareceron panfletos asinados polas disidencias das FARC para proclamarse autores dos feitos. Aseguran que son os cadáveres de cinco ladróns que roubaban gando na zona.

A segunda das accións violentas foi cinco horas despois no Tambo, no departamento do Cauca, onde seis persoas foron asasinadas.

As primeiras versións falan de supostos disidentes das FARC que secuestraron as seis vítimas nunha xuntanza. Este sábado confirmouse o falecemento doutras seis persoas en Tumaco Nariño, horas antes de que o presidente do país, Iván Duque, chegase a este departamento para realizar un consello de seguridade. O gobernador da zona asegura que os falecidos son mozos.

A semana pasada outros oito mozos foron asasinados en Nariño mentres participaban nunha reunión.



 

Noticias web

22/08/2020