CRTVG

Buscar

Tres mortos e catro feridos, dous moi graves, nunha colisión en Caspe (Zaragoza)

Publicado o 21/02/2020 11:11
Tres mortos e catro feridos, dous moi graves, nunha colisión en Caspe (Zaragoza)

Tres persoas faleceron e outras catro quedaron feridas, polo menos dous delas moi graves, como consecuencia dunha colisión frontal entre unha furgoneta e un tractor cando circulaban polo termo de  Caspe (Zaragoza).

O accidente, que obrigou a cortar a vía, tivo lugar ás 8:20 horas, á altura do quilómetro 3,5 da A-230, a uns tres quilómetros de Caspe, informan fontes de bombeiros da Deputación de Zaragoza e da Garda Civil.

No sinistro víronse implicados unha furgoneta que circulaba en sentido Bujaraloz, en que viaxaban sete persoas, e un tractor de gran tamaño que se dirixía cara a Caspe, e que chocaron frontalmente de forma "moi violenta".

Varias das vítimas quedaron atrapadas no interior da furgoneta e tiveron que ser rescatadas por efectivos dos bombeiros dos parques de Caspe e de Alcañiz (Teruel).

O condutor do tractor quedou ileso, pero sufriu un ataque de ansiedade.

Na intervención participan ambulancias do 061 e dous helicópteros do servizo 112, así como efectivos da Garda Civil e a Policía Local de Caspe.