CRTVG

Buscar

Tres feridos nun accidente múltiple en Gondomar

Publicado o 11/05/2020 19:38

Tres persoas resultaron feridas nun accidente ocorrido esta tarde en Gondomar. No sinistro víronse implicados dous coches e unha moto. Un turismo chocou contra outro que estaba parado nun semáforo. O segundo coche envorcou e deulle a unha moto que circulaba en sentido contrario. Todo ocorreu na estrada que une A Ramallosa co centro de Gondomar. Os implicados foron trasladados ao hospital.

Noticias web

11/05/2020