CRTVG

Buscar

Tres feridos e dous detidos nunha liorta na Coruña

Publicado o 27/12/2019 14:14

Ocorreu nun inmoble que trae de cabeza os veciños da avenida de Peruleiro, na Coruña. Están a diario con problemas, comenta unha veciña. Pero o que si teñen claro é que viven con medo dende que se instalaron na casa, hai xa dous anos.

"Pelexan entre eles, debe ser a bedida... Vivir aquí ahora é horroroso, se vivise o meu home iamos para outro lado", engaden.

O último destes incidentes foi o día de Nadal: unha liorta a botellazos que rematou con dous feridos e tres detidos.

"Saíron que se mataron, a policía corría", di unha testemuña.

Os residentes din que coma esta son varias na zona as casas que están ocupadas.

"Ata queimaron unha que estaba libre hai moitos ocupantes. Estamos intranquilos esto pasou antonte, non debería pasar. Vivir aquí é un perigo, cando esta rúa era tranquila. É coma noutros lados, xente que se mete en casas vellas".

Queren recuperar a tranquilidade, e pídenlles ás autoridades que tomen medidas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019