CRTVG

Buscar

Tres detidos por entrar a roubar de noite nas instalacións do antigo Hospital Xeral de Lugo

Publicado o 10/03/2020 13:23

Os axentes da Comisaría de Lugo colleron coas mans na allada tres mozos que estaban a roubar ferramentas e materiais de construción no vello Hospital Xeral, que se encontra en obras. Ao veren luces sospeitosas no interior, pediron reforzos e accederon ao interior do edificio, onde atoparon un dos presuntos ladróns cunha lanterna.

O segundo asaltante tratou de fuxir nun turismo, pero axiña foi interceptado. Tocante ao terceiro, estaba ás portas do recinto coas luvas postas e cunha lanterna nunha man e outra máis na fronte.

Entre os máis de 70 artigos que lle comisaron no seu coche, había rebarbadoras, trades ou martelos. Ademais, dentro do Xeral había cable de cobre listo para o seu traslado ao vehículo.

Noticias web

10/03/2020