CRTVG

Buscar

Travesía mariña entre A Coruña e Cabanas en recordo das vítimas da covid−19

Publicado o 13/09/2020 21:28

Algo máis de seis horas precisou Peio Ormazábal para completar a súa travesía mariña entre A Coruña e Cabanas en lembranza das vítimas da covid−19. Foron máis de vinte quilómetros a nado nas augas bravas do Atlántico ata pisar a area da praia da Madalena.

Desde a beira da praia, os berros de alento acompañaron a Peio Ormazábal nos últimos metros do seu reto. Completaba así vinte quilómetros a nado, os que separan as praias de Santo Amaro e da Madalena. Unha travesía dura, coa marea en contra e ondas fortes na temida Marola.

As apertas e as felicitacións chegaron logo de seis horas e catorce minutos nas augas atlánticas. O Sol apenas asomaba a cara na Coruña cando Ormazábal comezou a nadar. O reto levaba meses rebulindo na súa cabeza. Cinco atletas do Club Tríatlon Compostela acompañárono en cada brazada para lembrar as vítimas da covid−19.

Nadar para non esquecer. A praia enmudeceu durante un minuto polos que marcharon en silencio.


 

Noticias web

13/09/2020