CRTVG

Buscar

Tratan de liberar unha balea do cabo que ten enredado no corpo en Gran Canaria

Publicado o 26/12/2019 09:32

No sur de Gran Canaria, operación para axudar unha balea. Trátase dun exemplar de balea xibardo de máis de catro metros. Ten un cabo enredado no corpo. Salvamento Marítimo e a Cruz Vermella queren liberala, pero teñen que agardar a que se debilite para que sexa seguro. Aínda que ten unha aleta presa, polo momento pode nadar e comer. Se non se lle retira, o animal pode morrer porque a corda impídelle medrar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019