CRTVG

Buscar

Tratamentos de beleza e consultas de nutrición tras o confinamento

Publicado o 30/05/2020 14:31

Reabriron o día once e continúan abraiadas pola acollida. Este centro de Cabanas recibe estes días os clientes que tiveron que adiar os seus tratamentos pola crise sanitaria e busca ocos na axenda para atender novas citas, entre elas moitas relacionadas coa medicina estética. Maite Duarte, nutricionista do centro médico-estético Beladona "É soprendente que despois de estar dous meses na casa a xente se inclina moito polo tema dos recheos e do bótox. Non sei se é porque hai moita xente que aínda está traballando online, tapados por se sae algún pequeno hematoma. Estamos traballádoo moito".
Cada chamada reflicte o desexo de recuperar os coidados de beleza e de saúde que quizais quedaron relegados durante as semanas de encerro forzoso nas nosas casas. A alimentación saudable perdeu fieis no confinamento. Abusamos, entre outras cousas do azucre. "Deixar a pastelería, por favor. As recomendacións de sempre: facer as cinco comidas, beber moita auga, facer exercicio e unha correcta nutrición, na que non falte ningún nutriente."

Chegou o momento de desbotar os excesos e de recuperar a senda da saúde.

Noticias web

30/05/2020