CRTVG

Buscar

Trasladan a Madrid o bebé de Lugo presuntamente maltratado polos seus pais

Publicado o 24/08/2019 13:42
Trasladan a Madrid o bebé de Lugo presuntamente maltratado polos seus pais

O bebé maltratado de Lugo vai xa camiño de Madrid. O seu destino é o hospital da Paz da capital de España. O cativo, de de dous meses, vai ser operado alí dun desprendemento de retina. Viaxa en ambulancia cunha enfermeira e durante o ingreso estará acompañado por coidadores contratados pola Xunta de Galicia.Ningún familiar solicitou o acollemento do neno, ingresado desde o día 16 no Hula polas consecuencias dun presunto maltrato continuado a mans dos seus pais. Tampouco o visitou ninguén, agás persoal do Servizo de Menores.