CRTVG

Buscar

Volven a Galicia os seis mariñeiros sen covid confinados en Cantabria

Publicado o 17/07/2020 21:44

Un minibús chegou esta tarde, ás 17.00 horas, ao albergue de Solórzano para trasladar ata Galicia os seis mariñeiros de boniteros de Burela (Lugo) que permanecían illados neste municipio cántabro desde o sábado sen dar positivo por coronavirus, despois de confirmarse que catro compañeiros seus estaban contaxiados de covid-19.

Á saída do recinto, o patrón da embarcación  Ledicia", José Romero, mostrou a súa satisfacción por poder regresar hoxe ás súas casas tras días "coa moral moi baixa" ao estar encerrados debido ao confinamento preventivo. Con todo, os catro compañeiros que aínda arroxan positivo nas probas PRC continuarán no albergue ata confirmar que non están contaxiados.

Tras detectarse un primeiro caso, dez mariñeiros das tripulacións dos barcos galegos o Mar de Annea, o Ledicia e o Sapilo foron levados a pasada fin de semana ao albergue para pasar a corentena. O venres deuse a coñecer que un pescador de Burela que chegara ao Porto de Santoña nun barco, para descargar o bonito da costeira que está agora aberta, dera positivo na COVID-19.

O sábado detectouse que outros dous compañeiros, dese buque e doutros dous barcos, tamén galegos e atracados nese porto, contaxiáronse, polo que os tres e outros sete pescadores que ían nas embarcacións foron confinados no albergue que o Goberno de Cantabria habilitou en Solórzano.

A lista incrementouse o mércores cun cuarto caso e a todos eles repetiráselles o test a próxima semana, polo que, nun principio, tamén se poderían marchar aos seus lugares de orixe se sae negativo. 

 

Noticias web

17/07/2020

Máis sobre Burela