CRTVG

Buscar

Trasladados ao tanatorio de Cercedilla os restos de Blanca Fernández Ochoa

Publicado o 06/09/2019 21:06

Os restos mortais de Blanca Fernández Ochoa están xa en Cercedilla. A capela ardente quedará instalada no tanatorio. Este sábado desde as nove da mañá ata as nove da noite todos os veciños que o desexen poderán despedirse da deportista, que apareceu morta o mércores pasado no pico da Peñota, na serra madrileña. O xuíz de Collado Villalba que leva a investigación autorizou o traslado tras recibir o informe preliminar da autopsia. Os resultados definitivos das probas patolóxicas e toxicolóxicas poderían tardar semanas.

 "Dáme igual como morreu, é que me dá igual, a min e aos meus irmáns. O caso é que non está, e dá igual como fora, e por que o fixo ou por que non o fixo e se tomou ou non tomou, é o de menos" di a irmá.

Os fillos e os irmáns da esquiadora están moi afectados pero quixeron agradecer as mostras de cariño recibidas, desde o mundo do deporte ata o da política pasando por cidadáns anónimos.

O ministro de Cultura e Deportes acompañará a familia Fernández Ochoa na despedida de Blanca en Cercedilla. Despois a familia espallará as súa cinzas no macizo dos Sete Picos, nunha cerimonia íntima.

Noticias web

06/09/2019