CRTVG

Buscar

Tras a baixada do prezo do petróleo, nalgunhas gasolineiras xa é posible atopar gasóleo por menos dun euro

Publicado o 11/03/2020 14:28

O venres pasado, a reunión dos membros da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) saldouse coa ruptura do acordo establecido con Rusia, o que supuxo unha baixada do prezo do cru e, en consecuencia, das cotizacións; algo que xa repercutiu nos surtidores. En concreto, na comunidade galega, o litro de gasóleo pode verse a prezos inferiores ao euro en varias estacións de servizo. A estación do Pino, en Ourense, mantén o litro a 0,99 céntimos dende o luns, algo que sorprendeu a moitos.

Algúns veñen parar a este establecemento tras saber o descenso dos prezos. Outros, simplemente botan combustible na súa gasolineira de confianza.

Sexa por un motivo ou por outro, a subida na afluencia de clientes queda clara, o que comeza derivar en colapsos á hora de abastecer os depósitos. Nesta estación non se alcanzaban estes prezos dende hai máis de dous anos; prezos cos que este luns foi pioneira en Galicia e que arestora xa igualan outras estacións da comunidade. Con vistas ao futuro, e mentres non haxa variacións no prezo do cru e, polo tanto, nas cotizacións, manteranse os valores actuais.

Noticias web

11/03/2020