CRTVG

Buscar

Transportistas das Pontes fan o último tramo do Camiño para pedir unha "transición xusta"

Publicado o 18/01/2020 09:44
Transportistas das Pontes fan o último tramo do Camiño para pedir unha "transición xusta"

Os transportistas do carbón da central térmica das Pontes percorren este sábado o derradeiro tramo do Camiño de Santiago para pedir unha transición enerxética xusta. Teñen previsto chegar á praza do Obradoiro contra as dúas da tarde. Antes de chegar pararán perante o edificio administrativo da Xunta, en San Caetano, para realizar unha protesta contra o anunciado peche das Pontes. Piden unha transición enerxétia xusta e solucións para evitar o peche da térmica.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020