CRTVG

Buscar

Tranquilidade na fronteira con Portugal, con tráfico fluído tras os atascos de onte

Publicado o 18/03/2020 09:47

É a primeira consecuencia do peche de fronteiras. Formáronse reas interminables na que une Galicia con Portugal en Tui. 

Xa desde onte, só camións con mercadorías e traballadores que se desprazaban aos seus postos a un e outro lado da raia. Esta mañá o tráfico e fluído porque xa está organizado tras as longas ringleiras de onte, cando os condutores se tiveron que armar de paciencia para chegar aos controis da GNR e a Policía Nacional.

Esta mañá xa dispoñen de distintivos para non teren que parar na fronteira.

Noticias web

18/03/2020