CRTVG

Buscar

Tramitan dúas denuncias por saltar a corentena en Lugo

Publicado o 22/09/2020 15:13

Tramitáronse as últimas denuncias por saltar a corentena e estar na rúa sabendo que eran positivos. Incumprir o illamento non é habitual, pero pasa máis veces das que cremos. Dúas persoas diagnosticadas con coronavirus e que tiñan que estar nos seus domicilios e foron localizadas pola policía na rúa.

Cando o centro de seguimento de contactos detecta unha posible irregularidade comunícallo á Policía Autonómica, que é quen comproba se esa persoa diagnosticada de covid-19 está ou non a cumprir coa corentena obrigatoria. As sospeitas acostuman chegar porque o confinado non contesta o teléfono ou, se o fai, ao outro lado escóitase que está na rúa. As primeiras pescudas ás veces xa se detectan ao facer a enquisa epidemiolóxica e a persoa pon todo tipo de dificultades e escusas; a eses casos xa se lles fai un seguimento máis exhaustivo. Non hai que esquecer que saltar a corenta é un problema de saúde pública.

 

 

Noticias web

22/09/2020