CRTVG

Buscar

Tráfico retirará seis puntos do permiso de conducir por usar o móbil ao volante

Publicado o 07/05/2019 17:28

Unha vez que o Goberno actualice o carné por puntos, o condutor que vaia manipulando o teléfono será castigado cunha retirada de seis puntos no permiso, o dobre de puntos que os tres de sanción actuais. Desta maneira terá o mesmo castigo polo envío dun WhatsApp que por conducir baixo os efectos do alcohol, das drogas ou por ir en sentido contrario. O obxectivo da medida é acabar cunha práctica frecuente e perigosa que xa supón a primeira causa de accidentes nas nosas estradas.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Tráfico non descarta implantar nas redes viarias españolas os chamados radares en cascada que xa se están probando na comunidade navarra. Trátase de colocar un radar oculto poucos quilómetros despois dun perfectamente sinalizado para evitar que os condutores peguen un acelerón despois de superar o primeiro control.

Outra medida encamiñada a reducir sinistros e a concienciar os condutores sobre o respecto ás normas.















 

 

Noticias web

07/05/2019