CRTVG

Buscar

Tráfico reforza a vixilancia para evitar viaxes a segundas residencias

Publicado o 15/05/2020 14:33

Tráfico lembra que aínda hai territorios que están na fase 0 da desescalada e nos que, polo tanto, están prohibidos os desprazamentos en coche a segundas residencias.

Para evitar actitudes insolidarias durante a fin de semana vaise reforzar a vixilancia nas estradas, especialmente en lugares como Madrid, onde hoxe ademais é día festivo.

Pero os contros aumentarán tamén nos límites entre provincias. Desde a Dirección Xeral de Tráfico fan un chamamento para que só se realicen aqueles desprazamentos estritamente autorizados e recordan que o levantamento das restricións nalgúns territorios leva aparellada unha grande responsabilidade por parte dos cidadáns.

 

Noticias web

15/05/2020