CRTVG

Buscar

Tráfico prevé unha campaña de verán con desprazamentos curtos e na fin de semana

Publicado o 02/07/2020 15:02

A deste verán é unha campaña de tráfico atípica, sen previsión do número de desprazamentos. Só calculan que haberá máis movemento na fin de semana e con traxectos curtos.

Teñen organizadas campañas de control de velocidade. Están preocupados polos datos rexistrados durante o confinamento.

María Victoria Gómez, coordinadora da DXT en Galicia, comenta que "para a pouca circulación que había, que caeu por momentos entre o 80 e o 90%, houbo uns excesos de velocidade excesivos". "Os radares fixos asombran porque case se mantiveron as mesmas denuncias que en períodos normais", engade.

Tamén haberá campañas de control do consumo de alcol e drogas e destinadas aos condutores máis vulnerables.

Francisco J. Molano, coronel xefe de Tráfico da Garda Civil en Galicia, asegura que o movemento de motocicletas e bicicletas no mes de xuño supuxo unha accidentalidade moi parecida á do ano pasado. "A pesar de diminuír o número de vehículos, si que houbo máis perigosidade", sinala.

Durante xullo e agosto, a Garda Civil despregará 900 efectivos cun obxectivo fundamental.

Pilar López-Rioboo, subdelegada do Goberno na Coruña, mantén que o que se pretende é que se reduza o número de falecidos por segundo ano consecutivo. Porque, como di o lema da campaña, o país non pode soportar máis mortes.

Noticias web

02/07/2020