CRTVG

Buscar

Tráfico multiplica os controis de alcol e drogas durante esta noite de San Xoán

Publicado o 23/06/2019 20:14

Tráfico multiplica os controis de alcol e drogas durante esta noite de San Xoán.
A concentración dun gran número de desprazamentos curtos en poucas horas incrementa os riscos de accidentes ao volante. Por iso, a DXTt puxo en marcha este dispositivo especial que manterá ata ben entrada a mañá do luns.
Tratan deste xeito de reducir a accidentalidade ocasionada polos condutores que circulan despois de ter bebido ou tomado calquera substancia psicotrópica.

Un 24 por cento dos codutores falecidos en España o ano pasado, case un de cada cinco, presentaba taxas elevadas de alcol na autopsia.
 

Noticias web

23/06/2019