CRTVG

Buscar

Tráfico incrementa en Galicia os controis polo Entroido

Publicado o 21/02/2020 09:02

A GNR portuguesa colabora conxuntamente

Tráfico anuncia controis máis intensos, en calquera lugar e a calquera hora do día e da noite durante estas festas de Entroido.  Reforza as probas de alcol e drogas e os controis comezaron xa onte pola tarde, especialmente no triángulo máxico, pola celebración do Xoves de Compadres.

A primera hora desta mañá, en presenza das cámaras da Galega, os axentes pararon varios vehículos na N-525, na travesía de Pazos, e algúns dos condutores deron positivo en alcol e drogas.

Nestas festas, a DXT vai realizar máis de 15.000 probas de alcol e unhas 200 de control de drogas. O Tenente Nogueiras, do destacamento de Tráfico do Posto de Verín, conta como se está desenvolvendo o control que montaron ás cinco desta madrugada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020