CRTVG

Buscar

Tráfico fluído nas estradas galegas na segunda xornada da operación saída do verán

Publicado o 29/06/2019 21:23

Durante toda a fin de semana calcúlanse arredor de medio millón de movementos de vehículos polas estradas galegas, un 34% máis que o ano pasado no arranque da operación saída do verán. Os responsables do tráfico reforzaron a vixilancia e Stop Accidentes tamén emprendeu unha campaña de concienciación.

"É unha campaña para recordar que o máis importante non é ir de vacacións senón volver, de compartamento na estrada, que na estrada estamos todos e queremos vivir e convivir na estrada", explica Jeanne Picard, presidenta de Stop Accidentes Galicia.

A primeira operación saída da tempada tamén se deixa sentir nos aeroportos galegos que teñen previsto acoller ata o luns 77.000 viaxeiros. As que vemos son imaxes da Lavacolla esta mañá.

"Imos cos peques á praia para que gocen", explica unha muller.
"Imos para Zurich", di outra.
"Ás Palmas de Gran Canaria", conta unha nena.

Estacións de trens e autobuses preparáronse igualmente para un incremento de viaxeiros. En concreto, Renfe programou un 2,2% máis de prazas durante o verán no conxunto de España. Entre os servizos reforzados figuran os trens Alvia Madrid-Ferrol.

Noticias web

29/06/2019